Monday 13 de May de 2024

Mila Castro celebra a adscrición, por parte do Ministerio de Inclusión, ao Concello do inmoble da antiga tesourería para a crear a Casa dos Maiores


Trátase de dous locais, propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social na rúa de San Pedro de Mezonzo, para os que o goberno socialista xa pedira unha cesión a 25 anos

Castro insta ao novo goberno a darlle continuidade a este proxecto que contempla dotar o espazo de actividades lúdicas para fomentar o envellecemento activo

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións acordou a adscrición de dous locais propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social na rúa de San Pedro de Mezonzo nun prazo de 25 anos. A cesión do inmoble chega logo de que o goberno socialista iniciara os trámites para a creación, neste espazo, da Casa dos Maiores.

“Será un centro sociocultural e un centro de atención polivalente con actividades lúdicas dirixidas á terceira idade co obxectivo de fomentar un envellecemento activo” explica a concelleira Mila Castro, que cualifica esta cesión como unha “moi boa nova para os maiores de Compostela e para todos os veciños e veciñas de Santiago”.

Castro, que puxo en marcha a comezos de ano este insta ao novo goberno a darlle continuidade a este proxecto “tan importante para os nosos maiores”. E é que, no proxecto que o Partido Socialista incluía no seu programa electoral prevía a programación de actividades como baile, cursos de achegamento ás novas tecnoloxías e saídas culturais neste espazo.